O «teléfono estragado» que podería aclarar todo

SANTIAGO DE COMPOSTELA. Malia que os reloxos dos móbiles non pasasen das oito e media, eran varios os medios de comunicación que agardaban, ás portas dos xulgados de Fontiñas, a chegada dalgún dos protagonistas da crónica xudicial desta última semana. A primeira en aparecer —preto das nove da mañá— foi a letrada Fernanda Álvarez, encargada da defensa do acusado, José Enrique Abuín, alias “El Chicle”. Uns minutos máis tarde era a quenda do pai da vítima, Juan Carlos Quer, quen tamén tivo unhas palabras para cos medios. Unha vez dentro, e con algo de retraso, o público agrupouse ante a sala de vodas, reconvertida na sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, para enfrontarse á sétima xornada do xuízo pola morte de Diana Quer. Apartado das rodas de expectación que se foron formando, Juan Carlos Quer agardaba sentado nun banco, facendo tempo mentres consultaba o seu teléfono.

Seguir lendo “O «teléfono estragado» que podería aclarar todo”

O «teléfono estragado» que podería aclarar todo

Custodia compartida

Estes días chegaba ao meu timeline un artigo de Ricardo Romero en El Español, “Qué hay de lo mío: el consumidor-deidad”. Após a sorpresa inicial de ver a un dos membros de Los Chikos del Maíz no xornal que capitanea Pedro J., acordeime das estancias alternativas que sinalaba Boynton. En todo caso, nada que reprochar, que o futuro é incerto por definición e un debe poder mudar de cuarto. Para máis, se isto permite facer incursións nas trincheiras do inimigo.

Seguir lendo “Custodia compartida”

Custodia compartida

Paradoxos e «ofendiditos» da liberdade de expresión

Fai unhas horas coñecíase a noticia de que o Parlamento Europeo daba luz verde á intervención de Vox nas súas dependencias. Baixo o título Cataluña: una región de España, voceiros da formación ultradereitista explicarán en Bruxelas a situación do Estado español tras o que eles entenden como «intento de golpe de Estado» por parte da Generalitat. A Eurocámara alega que o relatorio non supón unha ameaza para o mantemento da orde pública nas súas instalacións, como si sucedía co acto vetado á outra cara do conflito, os líderes independentistas Puigdemont e Torra.

Seguir lendo “Paradoxos e «ofendiditos» da liberdade de expresión”

Paradoxos e «ofendiditos» da liberdade de expresión

A mentira da moderación

A repentina –aínda que non demasiado sorprendente– convocatoria de comicios xerais para o vindeiro 28 de abril supón a posta en marcha da mecánica electoral algo antes do previsto. Algo así coma un ensaio de cara ás municipais, no que xa se comezan a intuír liñas de actuación no referido ás campañas das diferentes formacións políticas. En especial, aquela que apela á moderación fronte a un elemento disruptivo situado nun extremo. O resto, mesmo se só en aparencia, busca logo o seu sitio no «centro». Porque a ambigüidade do centro –perdón, o equilibrio– facilita o querer sol na eira e choiva no nabal.

Seguir lendo “A mentira da moderación”

A mentira da moderación

Utzi Altsasu bakean

Setecentos trinta e oito días. Ou o que é o mesmo, dous anos e unha semana. Iso é o que levan Adur, Jokin e Oihan, tres dos rapaces de Altsasu, no cárcere. Así o apunta un contador en Twitter, que se actualiza a diario e cuxa lectura é demoledora. E todo por unha trifulca de bar que rematou cun nocello roto. Algo que non tería maior relevancia en calquera outro punto da xeografía estatal. Pero o nocello era o dun Garda Civil e os feitos sucederon en Navarra. Regresamos aos 80 e á zona especial norte.

Seguir lendo “Utzi Altsasu bakean”

Utzi Altsasu bakean

Vigo, cidade costa abaixo

Percorremos as rúas de Vigo nun roteiro ao longo da evolución do núcleo urbano para coñecermos a historia do urbanismo que dá vida á cidade ‘máis caótica e fea da Galiza’. Desde a Ribeira do Berbés até a presenza de Citröen, e pasando polas xa inexistentes murallas, descubrimos os pasos que se deron até conformar a cidade na que hoxe en día vivimos.

Seguir lendo “Vigo, cidade costa abaixo”

Vigo, cidade costa abaixo

Top de rotondas de Vigo: un roteiro polas glorietas máis míticas da cidade

10. Jurassic Park – (r/Rosalía de Castro)

Comezamos este Top10 cunha rotonda efímera pero non por iso menos icónica. Non é outra que o breve paso do “Dinoseto” pola rúa Rosalía de Castro a causa dun erro loxístico. Se ben o arbusto non durou unha hora, o seu éxito entre a cidadanía levouno até a Praza da Princesa, en pleno centro da cidade. Mentres tanto, en Rosalía non tardaba en ser remprazado por…

9da2882aaa2749d4a7f3705553b35ab3_XL

Seguir lendo “Top de rotondas de Vigo: un roteiro polas glorietas máis míticas da cidade”

Top de rotondas de Vigo: un roteiro polas glorietas máis míticas da cidade

MARCO: crónica dunha morte cultural anunciada

Desde que se coñeceu a noticia de que o actual director, Iñaki Martínez Antelo, deixaría o seu cargo a finais deste ano, o MARCO atravesa unha delicada transición. En especial, pola situación que se facía pública no comunicado no que presentaba a súa negativa a continuar unha vez venza o seu contrato. A resolución deste período de incertidume determinará a pervivencia ou non da entidade.

Seguir lendo “MARCO: crónica dunha morte cultural anunciada”

MARCO: crónica dunha morte cultural anunciada

María Castro: “Non quero facer un ‘Show de Truman’ da miña vida”

A actriz galega conversa nunha entrevista coa revista Chispa sobre a personaxe que marcou a súa carreira, a súa relación coa fama e a súa presenza nas redes socias, facendo gala desa actitude positiva que tanto a caracteriza.

Seguir lendo “María Castro: “Non quero facer un ‘Show de Truman’ da miña vida””

María Castro: “Non quero facer un ‘Show de Truman’ da miña vida”

Xosé Luís Vilela Conde: “Un dos obxectivos de La Voz é ser o xornal de toda Galiza”

O director de La Voz de Galicia compartía as aspiracións do seu xornal nunha charla con alumnos da Faculdade de Ciencias da Comunicación. Vilela Conde admitía que a publicación que lidera busca ser o xornal de todos os galegos e galegas, obxectivo que semella ter acadado segundo os datos da Oficina da Xustificación da Difusión e do Estudo Xeral de Medios, que o situan á cabeza do país en termos de difusión e audiencias, respectivamente.

Seguir lendo “Xosé Luís Vilela Conde: “Un dos obxectivos de La Voz é ser o xornal de toda Galiza””

Xosé Luís Vilela Conde: “Un dos obxectivos de La Voz é ser o xornal de toda Galiza”