Paradoxos e «ofendiditos» da liberdade de expresión

Fai unhas horas coñecíase a noticia de que o Parlamento Europeo daba luz verde á intervención de Vox nas súas dependencias. Baixo o título Cataluña: una región de España, voceiros da formación ultradereitista explicarán en Bruxelas a situación do Estado español tras o que eles entenden como «intento de golpe de Estado» por parte da Generalitat. A Eurocámara alega que o relatorio non supón unha ameaza para o mantemento da orde pública nas súas instalacións, como si sucedía co acto vetado á outra cara do conflito, os líderes independentistas Puigdemont e Torra.

Seguir lendo “Paradoxos e «ofendiditos» da liberdade de expresión”

Advertisements
Paradoxos e «ofendiditos» da liberdade de expresión

A mentira da moderación

A repentina –aínda que non demasiado sorprendente– convocatoria de comicios xerais para o vindeiro 28 de abril supón a posta en marcha da mecánica electoral algo antes do previsto. Algo así coma un ensaio de cara ás municipais, no que xa se comezan a intuír liñas de actuación no referido ás campañas das diferentes formacións políticas. En especial, aquela que apela á moderación fronte a un elemento disruptivo situado nun extremo. O resto, mesmo se só en aparencia, busca logo o seu sitio no «centro». Porque a ambigüidade do centro –perdón, o equilibrio– facilita o querer sol na eira e choiva no nabal.

Seguir lendo “A mentira da moderación”

A mentira da moderación

Utzi Altsasu bakean

Setecentos trinta e oito días. Ou o que é o mesmo, dous anos e unha semana. Iso é o que levan Adur, Jokin e Oihan, tres dos rapaces de Altsasu, no cárcere. Así o apunta un contador en Twitter, que se actualiza a diario e cuxa lectura é demoledora. E todo por unha trifulca de bar que rematou cun nocello roto. Algo que non tería maior relevancia en calquera outro punto da xeografía estatal. Pero o nocello era o dun Garda Civil e os feitos sucederon en Navarra. Regresamos aos 80 e á zona especial norte.

Seguir lendo “Utzi Altsasu bakean”

Utzi Altsasu bakean

Vigo, cidade costa abaixo

Percorremos as rúas de Vigo nun roteiro ao longo da evolución do núcleo urbano para coñecermos a historia do urbanismo que dá vida á cidade ‘máis caótica e fea da Galiza’. Desde a Ribeira do Berbés até a presenza de Citröen, e pasando polas xa inexistentes murallas, descubrimos os pasos que se deron até conformar a cidade na que hoxe en día vivimos.

Seguir lendo “Vigo, cidade costa abaixo”

Vigo, cidade costa abaixo

Top de rotondas de Vigo: un roteiro polas glorietas máis míticas da cidade

10. Jurassic Park – (r/Rosalía de Castro)

Comezamos este Top10 cunha rotonda efímera mais icónica. Non é outra que o breve paso do Dinoseto pola rúa Rosalía de Castro a causa dun erro loxístico. Se ben o arbusto non durou unha hora, o seu éxito entre a cidadanía levouno até a Praza da Princesa, en pleno centro da cidade. Mentres tanto, en Rosalía non tardou en ser remprazado.

9da2882aaa2749d4a7f3705553b35ab3_XL

Seguir lendo “Top de rotondas de Vigo: un roteiro polas glorietas máis míticas da cidade”

Top de rotondas de Vigo: un roteiro polas glorietas máis míticas da cidade

Manifestación en Vigo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

O sábado 10 de marzo a media mañá tiña lugar a mobilización convocada pola CIG en Vigo a raíz da celebración do Día da Clase Obreira Galega. A marcha contou con representación do BNG, Galiza Nova, Isca, Causa Galiza, UPG e PCPE.

Seguir lendo “Manifestación en Vigo con motivo do Día da Clase Obreira Galega”

Manifestación en Vigo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

MARCO: crónica dunha morte cultural anunciada

Desde que se coñeceu a noticia de que o actual director, Iñaki Martínez Antelo, deixaría o seu cargo a finais deste ano, o MARCO atravesa unha delicada transición. En especial, pola situación que se facía pública no comunicado no que presentaba a súa negativa a continuar unha vez venza o seu contrato. A resolución deste período de incertidume determinará a pervivencia ou non da entidade.

Seguir lendo “MARCO: crónica dunha morte cultural anunciada”

MARCO: crónica dunha morte cultural anunciada